29/12/15

Xabón con aceite reciclado!

 Por fin!! tiña un bote de sosa cáustica esperando para facer xabón pero nunca atopaba o momento...

 Seguín a receita que poñía na etiqueta para realizar pastillas:

0,5 kg de sosa, 3 litros de aceite (reciclado, do que se usa para cociñar simplemente colado) e 3 litros de auga. Procedemento: disolver a sosa en auga (con coidado de non salpicar porque é moi abrasiva) e misturar co aceite vigorosamente (estiven 3 horas!!). Cando xa estaba máis espeso, de cara ó final, boteille por enriba flores secas de lavanda. Deixamos endurecer nun sitio frío, ós 2 días cortamos e ós 2 meses xa estaba en condicións de ser usado.


Nos vos parece un estupendo agasallo de Nadal?!
***FeLiCeS FeStAs!!!!!*** 

16/12/15

Coroa (de nadal) otoñal

 Non é que sexa moi navideña que digamos... na casa non adoitamos pór árbore con adornos plasticosos nin belén nin nada polo estilo, así que normalmente optamos por usar materiais naturais ou calquera outra cousa que nos dé por reciclar.

Case sempre improvisamos no último momento... dende unha árbore de nadal con teas de cores ata as típicas ramiñas secas nun bote de cristal... este ano cadrou esta coroa otoñal.

Foi sinxela e rápida de facer... o corpo é de wisteria ou glicínea entrelazada, ó que se foron engadindo ramas de cotoneaster, eucalipto, picea e follas de gingo e liquidambar.



***

1/12/15

Costuras atrasasdas


Pois sí, teño varias cousiñas cosidas de fai tempo...estas carteiras son do verán e xa están coas súas novas donas...


Sabedes con que as cosín? coido que aínda non amosara a miña máquina...


Síííí unha Refrey made in Galicia!! non vos parece preciosa??!!


18/11/15

OuToNo






Mazás, montañas, cogomelos, casas, carteis e lugares con nostalxia, texturas, cores... gústame o outono! 
e ti que estación prefires?

5/11/15

Manga Ranglán

Sempre me gustou o corte da manga ranglán e necesitaba unha camiseta, así que probei a facela.
Normalmente intento facer os patróns pero recordei que este parecérame algo lioso dunha volta que o fixera para o meu sobri, así que busquei no armario unha camiseta e saqueino directamente de ahí...


Dinlle bastante ancho a manga, gastei tea a esgalla, pero coido que pagou a pena porque lle da un aire aos kimonos xapos...(agora, o longo de talle vai xustiño xustiño...)



 A tea elástica e dos tesouros que ás veces atopo en tendas que van pechar...antigas e baratiñas...do mellor que hai!


Veña, a ver o que se cose no Rums que fai mooooito que non me paso!

4/11/15

Vai de bechos

Bechos cariñosamente claro! os que me acompañan no día a día...aínda non lles fixera presentación oficial así que ahí van...


 O Resti que xa coñecedes de aquela vez que estivera maliño, ou de cando facía aquela mantiña que aínda non rematei...


 A Cati que xa puidestes ver nas fotos con este bolso ou con este minichal, incluso nunha entrada que fixera só para ela!


Timba,a toliña da casa que adora ir á praia...



 E velaquí o Mambo que dende hai unha semana tanto extrañamos...estaba moi velliño, a idade non perdoa.

Ai...pero que lindiños todos e cantos momentos máxicos!!
*****

26/10/15

Un peto...

Quixen coserlle algo ó meu sobriño e acabei por facerlle este peto.


Logo de facer o patrón  cortei dous dianteiros e dous traseiros pois a tea de camiseta non era moi grosa... así quedou ben quentiño para este outono-inverno.

Para rematar uns snaps e listo!

Boa semana!!



20/10/15

Agasallos gatunos...voltamos!

Ten gracia que a miña anterior entrada diga "uns días fóra", porque dende aquela ata hoxe xa pasaron meses...moitos! Sen enredar diremos que os motivos foron dende traballo a problemas no rural con internet, así como certa dose de preguiza para reanudar...non o vou negar. 
Pero seguín facendo e aquí estamos para amosalo ;)



Non me puiden resistir a facer algo de inspiración xapo...como non, con gatiños.




Unha carteiriña e un estoxo ou neceser que foron parar ás mans dunha rapaciña polo seu aniversario. 
Probei a bordar o nome co zig zag da máquina, e aínda que pódese mellorar moitísimo, non me disgusta ese toque imperfecto que lle dá...

 GrrrrrMiauu
        Parabéns Clau!!!!!


8/4/15

Uns días fóra

Levo unha racha que por un motivo ou por outro non paro nada no blog. Desta volta botei uns días entre Toledo e Madrid, moi ó meu pesar, pois xusto antes de ir a gatiña fracturou unha perna e non foi doado ficar tranquila....







Aínda así estivo ben, sobre todo cando coñecín ó torneiro Luis Velasco Vega e a súa Factoría. Encantoume pasar un anaco con él falando do mal que vai o negocio da artesanía en madeira :(

Está ben que se conserven os edificios, pero que pasa cos oficios?


Ummm... por cousas como esta (delicious sushi) cada vez gosto máis de Madrid.



Xa estamos de volta!!
 Plugin for WordPress, Blogger...