17/4/14

Transformación dunha bata de avoa


Ola!
Isto é o que fixen...a transformación dunha batilla de avoa que atopei nun mercadillo.

  (recorte cutre)
 Lembrei unha curta que vin fai uns anos no Cineuropa...Bata por fóra (muller por dentro).




Cunha tea tan bonita...tiven que facer poucos amaños: quiteille uns centímetros ao ancho, fixen dúas pinzas dianteiras e entallei o traseiro cun fruncido sinxelo poñendo goma elástica na canilla...


Reducín as mangas e volvín a montalas... mais aínda teño que practicar!



Cunhas sandalias quedaría moi ben...pero a cabra tira ó  monte!



Pasade polo RUMS...está cheo de cousas bonitas! Gracias Mara pola ocurrencia!

14/4/14

Cambiador para bebé



Este cambiador portátil é o regalo de benvida para a pequena Claudia! quería facer  un agasallo útil, e un cambiador de viaxe pareceume boa idea.  Non ocupa moito, coido que caberá perfectamente no bolso.

Para facelo utilicei:

Tea de algodón, lámina impermeable (podería ser un anaco de protector de cama infantil ou PUL), tea de polar (tamén se podería usar rizo de toalla e rechear con guata), cinta de bies e velcro. As medidas aproximadas foron 70x50 cm máis a solapa de 15x20 cm aprox. A medida pechado é de 20x15 cm.



Primeiro cosín un rectángulo para facer un bolsillo interior que rematei co bies, logo pasei un pespunte unindo tódalas capas máis dúas costuras ó longo para facilitar o dobrado. Puxen a cinta de bies por todo o perímetro. Para finalizar cosinlle unha pequena asa para que sexa cómodo de levar e un velcro para pechar.
Foi moi sinxelo de facer, espero que lles guste!




10/4/14

Chaqueta Beat


 Ola!
Que ganas tiña de rematar esta chaqueta! dende que fixen o patrón ata cosela pasou unha morea de tempo...si é que non me organizo nada. Pero o que importa, aínda cos seus defectos...encántame!


Aquí ó carón da batería...non ten un toque beatle?


Manga xapo, botóns do mercadillo, tea de camiseta grosa, elástico para puños e un retaliño-tesouro deses que dan algo de mágoa estrear...




Ah! por certo, estrénome no RUMS, todo un descubrimento costuril...
viva o coñecemento colectivo!





 Plugin for WordPress, Blogger...