Seguín a receita que poñía na etiqueta para realizar pastillas:
0,5 kg de sosa, 3 litros de aceite (reciclado, do que se usa para cociñar simplemente colado) e 3 litros de auga. Procedemento: disolver a sosa en auga (con coidado de non salpicar porque é moi abrasiva) e misturar co aceite vigorosamente (estiven 3 horas!!). Cando xa estaba máis espeso, de cara ó final, boteille por enriba flores secas de lavanda. Deixamos endurecer nun sitio frío, ós 2 días cortamos e ós 2 meses xa estaba en condicións de ser usado.
Nos vos parece un estupendo agasallo de Nadal?!
***FeLiCeS FeStAs!!!!!***
Que bonito che quedou coas flores! Nós das últimas veces atrevémonos a meter a batedora e non hai comparación, as 3 horas convírtense en 20 minutos! Por se queres probar para a vindeira.
ResponderEliminarUn biquiño!
Batidora???!!! que é iso??;P
ResponderEliminarvaia!se chego a sabelo...gracias pola suxerencia, de seguro que probarei!