19/5/14

Amigurumi PuLpO

Aquí vos presento unha das miñas últimas criaturas...un pulpo!


Por suposto cos seus oito tentáculos...mirade que grande!


8/5/14

Camisola

 Aínda non sei moi ben que pensar deste experimento...tiña un retal de punto dunha tea antiga que sempre miraba pero non me decidía a coser. Finalmente acordei facer unha camisola sinxela, mais resultou ser un pouco sosa...como de avoa outra vez!

Así que nunha arroutada collín e fíxenlle un buraco na espalda, cun canaliño e goma por dentro pensando en que non abrira demasiado...

Aínda así non me convencía, e como me sobrara un anaco do retal engadinlle uns petos que fixen máis ou menos así:

 O bo é que cosín por primeira vez un colo con tapeta e quedei contenta cos petos...pero foi un pouco unha tolemia!

Que vos parece?
Pasade a ver o que se cose no Rums!!



5/5/14

Un portamoedas para a miña nai


Ultimamente non tiven moito tempo para colgar cousas por aquí, pero a miña nai estivo de cumpre e quixen facerlle un agasallo. Pensei que unha carteiriña de ganchillo estival sería boa idea...




Fun improvisando o patrón sobre a marcha e púxenlle un forriño de tea para que non perda nada cando a leve á praia...ten o tamaño xusto para gardar o móbil e os cartos.





Agora só falta que veñan días tan bos como os desta fin de semana!
Que teñades un bo luns!
 Plugin for WordPress, Blogger...