28/4/16

Saia cruzada

Hai unhas semanas que rematei de coser esta saia con capas cruzada.


Baseeime neste patrón pero fíxeno bastante máis curto!


Empreguei unha tea de algodón verde que me dera miña nai, máis un anaco de cortina que tiña gardada.

 Para fechar puxen un corchete e un botón con presilla, e para rematar probei o prensatelas que fai dobladillo, vou ter que practicar máis con él xa que promete bastante!!


*A ver que se cose no RUMS!!***

25/4/16

4/4/16

Bolsa Ioga Iyengar

Este ano comecei a ir a clases de ioga e estou súper encantada, pero resulta que non é ir cunha esterilla e listo, senón que no ioga Iyengar imos cargadiños de mantas (ata cinco!) bloques de madeira, cinturón, cordas, antideslizante... vaia que senón mo explican ben penso que son unha panda de sado-maso...
Entón a cuestión era como levar todo iso dunha soa vez... pois cosendo unha macro bolsa a medida!

Usei teas de loneta cun reforzo mullido nas asas que tamén aproveitei para facer o amarre do antideslizante, pechando cunha gran cremalleira!


 No interior ademais coloquei uns petos para gardar as cousiñas pequenas...



***Namasté***




 Plugin for WordPress, Blogger...