30/12/14

Peto de bebé

Rematamos un ano máis case sen decatarnos!
Quería poñer outras fotos pero por problemas técnicos foi imposible... así que rescatei estas fotos dun peto de bebé, que xa son do ano pasado...

Foi calcetado en punto liso e elástico improvisando un pouco sobre a marcha, ó final púxenlle unhas xeonlleiras de cor marrón oscuro que lle dan un toque diferente...

 A lá é gordiña  e amorosa, dou fe de que se usou moito durante todo o inverno.

Nada máis ata o ano que ven...a polo 2015!!!

23/12/14

Guitarras de tela

Xa están aquí as miñas últimas creacións!! unhas guitarras blandiñas para os máis pequenos da casa. Aínda que pode pasar que non sexas tan cativo e queiras a túa guitarra-coxín... pois facémola tamén!

As guitarras son réplicas dos seguintes modelos: Gibson Flying V, Fender Stratocaster e Gibson 335, pero podemos facer calquera outro que prefiras.

Quizás o teu estilo sexa o blues...

 pode ser que o rockabilly...

 ou é o swing?

Os dous primeiros modelos xa están vendidos pero podes facer a túa encomenda mandando un email a thetumbita@gmail.com, ou ben en Clef Music (Ferrol)
Medidas aproximadas 63 x 23 cm.
Materiais: algodón, fieltro e fibra de poliéster de recheo.
De venta na tenda física Clef Music (Rúa Manuel de Cal, Ferrol-A Coruña).

QUE PASEDES UN BO NADAL MOI ROCKEIRO!!

16/12/14

Labores del hogar

Sí, xa sei que soa mal...pero non me refiro a tarefas como facer biscoitos ben ricos, senón a un tesouriño que atopei nunha tenda de segunda man....


Voilà!! unhas revistas do ano catapúm con patróns e ideas de costura, ganchillo, calceta e manualidades varias...todo un puntazo vaia!




Boa semana!!

11/12/14

Cuello de lana en punto bobo

Canto tempo sen calcetar!! dende que aprendín a ganchillar deixeina bastante de lado... cústame coller as agullas e deixo todo sen rematar... pero desta volta non foi así. Todo porque ía visitar a unha boa amiga e non podía ir coas mans baleiras non?! velaquí o resultado:












Non tiña moito tempo para facelo así que simplemente montei os puntos que me pareceron axeitados para acadar o ancho que quería e tecín todo en punto bobo, cambiando de cando en vez as febras para facelo a raias...máis sinxelo imposible!


27/11/14

Patrón básico de falda

Hoxe un proxecto para principiantes...de feito foi o primeiro que tivemos que facer nas clases de costura de hai uns anos....patrón básico e costura de saia!

Traballando duramente... logo de facer o patrón; a cortar, modificar, ganduxar, coser todo, poñer a cremalleira e  entretear  as partes da cinturiña!!


Aquí engadindo a cirturiña, dándolle dúas costuras para que dobre cara adento e quede ben planiña...

Para rematar dobrei o sobrante da cinturiña pasando un pespunte por riba do da cremalleira, e por último unhas puntadas nas costuras e nas pinzas para que non se nos mova.

Minisaia floreada lista!! este xoves non me perdo o RUMS!*

20/11/14

Encomenda para Mateo

Hai uns meses fixéronme un encargo especial para un bebé que vai chegar...Mateo! 
Quen fixo a encomenda tiña moi claro o que quería...

Uns patucos tipo converse, son tan pequeniños que collen na man! fun facendo e desfacendo un patrón ata conseguir este resultado. Tamén quería un gorriño de coello que vira en internet que de casualidade era un patrón gratuito.


Unha toalla co seu nome, para a que usei novamente a tea de mouchos e curuxas. É dun tamaño algo maior que as típicas de bebés, para que lle sirva por máis tempo!

E como non...un amigurumi axóuxere para o peque, desta volta...una vaca!!! que así de simpática quedou...


Cantas cousas...e parece que os pais quedaron moi ledos! que ilusión!!!*


3/11/14

Funda de ganchillo para silla



É incríble como pasa o tempo... paréceme que foi onte cando fixen esta funda de ganchillo, é resulta que é do 2011! pero bueno, atopei as fotos, a cadeira sígoa usando... así que aquí queda documentada neste diario de labores virtual ;)

O patrón que usei foi o do clásico granny square, pero podedes usar calquera outro, aquí enriba vos deixo algunhas ideas.


Nada máis, levo a cadeira de volta  para o cuarto de baño que é onde máis xeito me dá, vale para pousar calquera cousa, darlle un toque de color e ese rollo marujil que mal que me pese non podo remediar!

Boa e chuviosa semana!!


23/10/14

Regalos para bebés

Seguimos facendo agasallos especiais para os meniñ@s que veñen. Nesta ocasión tocoulle a Iria, chegamos xusto a tempo porque falta moi pouquiño para que a súa nai dea a luz!


Un arrolo ou saquiño para que os pequenos  síntanse ben arroupadiños nada máis nacer ;).
Realizado en tea exterior de algodón con detalle de flor en ganchillo e interior de teddy súper quentiño. Aquí está o patrón de descarga gratuita.


Uns zapatiños feitos coa tea de  mouchos e curuxas que xa usei aquí e aquí, por dentro con tea polar. O patrón podédelo atopar aquí.

Un boneco agarimoso nunca pode faltar! para facer este inspireime noutro que tiña pineado nun dos taboleiros do meu pinterest...

 Isto é todo amigos!!

8/10/14

Bolsiños coloridos

Parece que entramos no outono....e para engadir algo de cor a este día tan gris e chuvioso aquí deixo unhas fotos duns bolsiños infantís de mouchos e curuxas que fixen este verán.




Que teñades un bo día!!

3/9/14

Agasallo

Para o  primeiro cumpreanos do meu sobriño cosín estas cousiñas...

Primeiro fixen o pantalón, dende que vin os de para mi peque con amor quedei namorada, os seus patróns non me coincidían en  idade  pero bastoume  con  facer  unhas lixeiras  modificacións  a partires  doutro  que usa o cativo.

Logo, como me sobrara un anaco da tea de raias pensei na camiseta e arrisqueille ca manga ranglan,  aproveitando unha camiseta que tiñamos pola casa...

Deixei a manga en tamaño tres cuartos máis ou menos e rematei todo con tea de puño.

Quedou curriño non si? estou desexando ver como lle quedan!!
 Plugin for WordPress, Blogger...