27/1/15
Estuche con forma de pez
A cousa vai de animais, desta volta trátase dun estoxo con forma de peixe...
Esta especie é de ollos saltóns e boca ben grande capaz de embuchar lapiceiros a esgalla.
Desfruta sempre dun bo mergullo...
e tampouco se lle da nada mal iso de posar diante da cámara...
Glup, glup.
19/1/15
Moucho: amigurumi búho
Supoño que dende fai tempo veredes mouchos por todos lados...as modas sonche así. Pero é que ademáis o meu sobriño está encantado con eles e non para de dicir
búho
, así que eu tamén caín na tentación e tecín este amigurumi para él...
Un mouchiño repoludo e dormilón...
ZzzzzZZzzzz deica mañán!
Entradas más recientes
Entradas antiguas
Inicio
Suscribirse a:
Entradas (Atom)