31/5/13

Amigurumi: mon premier petit ami*


Atopei estas fotos do  meu primeiro amigurumi. Fíxeno fai cando menos un ano, seguindo o patrón do "coello alien" adaptándoo ó meu gusto claro! Se queredes comezar neste mundo é un patrón sinxelo e doado de seguir que recomendo...pero coidado: o amigurumi engancha!
Pincha aquí se te animas*

Consello:
É importante dispoñer de agullas acordes ao tamaño do fío ou lá co que traballamos, eu neste momento só tiña unha agulla do nº 4 que dou como resultado un punto algo frouxo...(despois dun ano de xogos este coelliño está bastante mallado jeje), así que prestade atención as indicacións dos fíos que usedes para escoller a agulla axeitada*

14/5/13

Feira de 1900









Fiando con fuso





Réplicas en miniatura duns sarillos para facer madeixas de lá, máis coñecidos como debandoiras.

Exaltaltación da arquitectura tradicional


Trebellos antigos



E por fín...a xoia da coroa, unha roca de fiar!!! aínda hai moito que investigar pero xa decidín que quero facer unha!

7/5/13

Calcetines a ganchillo





















Aquí están!! os meus primeiros peúgos a ganchillo en dúas versións con máis ou menos calados. Como non tiña máis que un nobelo dun suavísimo algodón, finalmente quedaron con máis buraquiños, perfectos para a primavera-verán ou con medias por baixo para calquera estación do ano.
Desta volta non escribín o patrón, pero como vedes comézase traballando en círculo con puntos altos e logo seguindo o patrón que queiramos, eu escollín un moi sinxelo que podedes ver aquí:














Et voilà... estreados quedan!!


 Plugin for WordPress, Blogger...