22/4/13

Proxecto galiñeiro!



Reutilizamos unha vella caseta de madeira á que tan só lle cambiamos o tellado e barnizamos o interior.


Aquí preparando os listóns de madeira que precisaremos para facer a estrutura: barnizámolos cunha mistura de aceite queimado e gasoil, logo de aplicar unha man por tódalas caras envolvémolas en plástico para que penetre en profundidade, despois hai que destapar e deixar que sequen, repetindo a secuencia o que consideremos necesario (2 ou 3 mans serán suficientes). Finalmente aplicamos a derradeira man sen cubrir de xeito que seque rapidamente e pasamos aos seguintes ata rematar. Que nervios...como quedará??!!


18/4/13

Punto de rede con cunchiñas







Esta pañoleta de ganchillo fíxena xa o verán pasado aproveitando uns nobelos que tiña esquencidos e quería rematar, de ahí as combinacións e cambios de cor...nota: comezar un chal ou calquera cousa triangular pola parte máis estreita e ir aumentando! (parece lóxico pero eu fun ó revés, comecei pola parte máis ancha e logo tiven que ir diminuindo o cal é bastante máis complicado...) enfín, por se hai algún despistado coma min..aquí deixo o patrón que saquei dun libro de puntos xaponés

5/4/13

Madalenas de amorodos*



Precisamos:
- 2 ovos
- 1 yogourt natural
- 1 vaso de azucre
- 2 vasos e medio de fariña de trigo
- 1 vaso de aceite de oliva
-1 sobre de levadura royal
- *Amorodos-fresas (150 gr aprox.)

ELABORACIÓN
Cortar en anacos os amorodos (ou a froita que se prefira) e enfariñalos para que non se vaian ao fondo, prequentar o forno a 180 graos e deixar preparados os envoltorios.
Separar as claras das xemas, bater a punto de neve as claras e reservar.
Bater as xemas co azucre ata conseguir unha crema  á que engadimos o yogourt natural e o aceite, logo a fariña xa misturada ca levadura, por útimo agregamos as claras montadas e misturamos todo cunha culler de pao evitando que se baixen. Vertemos nos envoltorios, engadimos azucre (opcional) e levámolo ao forno durante uns 20-30 min.....

Resultado: madalenas súper esponxosas e cun toque ácido da froita que resulta delicioso!!




 Plugin for WordPress, Blogger...