16/2/15

Máis agasallos...

O primeiro deste ano foi para Alba, a filla dunha amiga que recentemente deu a luz por primeira vez e na casa! Noraboa familia!!


Para facer o pantalón baseeime de novo no patrón de paramipequeconamor pero algo máis pequeno, usando tea de forro polar e uns puños de distintas cores - anteriormente xa fixera este-.

Aquí o xersei que tecín. Co que lle gustan os gatos á nai non dubidei en tecer unha cara de micho cos seus bigotes...velaquí vos deixo o patrón en francés por se vos encanta tanto como a min ;)

 

E por último esta pequena rá...



Grrr miiiiiaaaaaaaaaaau


4/2/15

Bufandas de animales

Como levades o inverno? Por aquí vai moito frííío... pero lévase bastante ben se botamos unha bufanda ó pescozo, se é animada, mellor!



Temos unha serpe...

Un gato...



Un raposo...

E unha xirafa tamén!


Teñen un tamaño de 130cm x 8cm estiradas, e poñéndoas dobres coma nas fotos valen perfectamente para bebés!





 Plugin for WordPress, Blogger...