6/11/16

Xersei en punto bobo e cambiador portátil!!

Por fin chegou o frío!! e nós por aquí seguimos, facendo cousiñas para recén nados, esta vez para Manuel!


Tecínlle este xersei en talla 3 meses cunha lá Stop "vintage" que fora da miña nai! resultou moi suave e quentiña!!

O patrón é dunha soa peza con dobre abotonadura no pescozo, saqueino da revista layette la droguerie, coma támen este outro.

Para rematar tamén lle cosín un cambiador de cueiros portátil cunha tea como de panilla fina por fóra, e de toalla de bambú máis lámina impermeable por dentro.

***A abrigarse!!feliz semana!!***




                                             


3/11/16

Máis guitarras de tea *

Ola! Hai un tempo que me encomendaron facer unha mini guitarra de tea para un bebiño, tiña que ser pequecha para caber na maleta de man dun avión con destino Alemaña!
Elexiron o modelo de guitarra que viran aquí e pedíronme que fose rollo heavy, ademais personalizámola poñendo as iniciais do cativo...




***Por certo, feliz samaín!!***








7/8/16

Bolso paxaro*

Menudo veranillo temos polo norte!
Paso rapidiño con este  bolso 4 en 1...aínda din voltas para deseñar un patrón sinxelo pero con moitas posibilidades de combinación de cores e formas de poñelo!


Por aquí no porto con Carmen, sacando unhas fotos diante das redes de pesca...(graciñas bonita!)



Do dereito...


Do revés...


O paxaro por fin voou, e foise nada menos que a Francia!!


Au revoir paxariño!!

21/7/16

Dias de verán***

Ando desaparecida...teño moito lío darredor! e por enriba veñen estes días de solazo e calor que tamén hai que aproveitar!! Mirade que bonito se ve o noso xardín do anano***


Teño varios traballos costuriles e de calceta por facer, pero de momento van ter que agardar...
Que pasedes uns días estupendos!!**

9/6/16

Saia campestre con volante

Tiña un vestido de liño gris feito pola miña nai súuuper bonito pero claro, logo de tantos anos xa non me servía! Sería unha mágoa tiralo sen máis así que cortei a parte de arriba e cosín unha saia con outros retais que tiña na habita da costura...




 Non son moito de volantes pero deume por ahí...non deixa de ser un detalle costuril ou!




 Graciñas pola visita e non deixedes de pasar polo RUUUUMS!

12/5/16

Chaleco reciclado vintage*

Con esta xa van duas remodelacións dentro da colección de batas, nesta ocasión cortei unha pola metade para facer un chaleco...


 Está claro que teño debilidade con estas batillas, sobre todo cando teñen estampados tan chulos! non sei como aquel día non arramplei con todo o posto do mercadiño!




 Adaptei  a parte de arriba ás miñas medidas e puxen un frunce na espalda.


Aquí un detalle das modificacións: estreitar costados e mangas, rematar as vistas con bies, poñer presillas e botóns e coser a goma traseira.

WeeeEeee menudo posado jejjej
****
Que se coserá hoxe no RUMS?!

3/5/16

Banderolas e yarnbombing!

Gústanme moito as banderolas de tea para case calquera espazo...eu teño unhas na porta do salón e de verdade que dan moita vida!!


Pois resulta que me encomendaron coser un lote delas...


Aquí xa facendo parte da tendiña de LaudasCalamity

 Para rematar o encargo... algo de yarnbombing, había que recubrir unha superficie con lá de cores...




E que superficie? pois unha ben rara ;) os conductos da caldeira do baño!!

Moito máis bonitos agora...por suposto :P 
*****
Así que se queredes dar renda solta á vosa vea máis artística, visitade a LaudasCalamity en:
Avda. das Pías 15, Perlío-Fene (A Coruña)

28/4/16

Saia cruzada

Hai unhas semanas que rematei de coser esta saia con capas cruzada.


Baseeime neste patrón pero fíxeno bastante máis curto!


Empreguei unha tea de algodón verde que me dera miña nai, máis un anaco de cortina que tiña gardada.

 Para fechar puxen un corchete e un botón con presilla, e para rematar probei o prensatelas que fai dobladillo, vou ter que practicar máis con él xa que promete bastante!!


*A ver que se cose no RUMS!!***

25/4/16

4/4/16

Bolsa Ioga Iyengar

Este ano comecei a ir a clases de ioga e estou súper encantada, pero resulta que non é ir cunha esterilla e listo, senón que no ioga Iyengar imos cargadiños de mantas (ata cinco!) bloques de madeira, cinturón, cordas, antideslizante... vaia que senón mo explican ben penso que son unha panda de sado-maso...
Entón a cuestión era como levar todo iso dunha soa vez... pois cosendo unha macro bolsa a medida!

Usei teas de loneta cun reforzo mullido nas asas que tamén aproveitei para facer o amarre do antideslizante, pechando cunha gran cremalleira!


 No interior ademais coloquei uns petos para gardar as cousiñas pequenas...



***Namasté***




 Plugin for WordPress, Blogger...