27/1/16

Un amigrurumi moi MoNo

Ás veces encoméndanme algún traballiño. Un dos últimos foi este boneco.

 Un amigurumi MoNo cun axóuxere dentro.




*Feliz día*

20/1/16

Pixama tecido

 Estou rematando este pixama de algodón para o segundo sobriño que nacerá dentro de moi pouco!



A verdade é que non imaxino nada mellor que unha prenda tecida para un recén nado, como se fose unha segunda pel!

 A cousa é que estiven a facer o patrón a partir doutro de talla 0-1 meses, pero polo que din o bebé vai ser pequeniño así que ó mellor non lle vale ata máis adiante... xa veremos.

Agora só falta coser... xa estou desexando ver como queda!
Grrrr*Miau*
Que teñades unha boa semana!!

8/1/16

Saco garda xoguetes estilo top manta!




Estivemos facendo algo así como xoguetes de madeira! recortamos as pezas dunha táboa de pino e logo pintámolas con acuarelas e barnizamos a muñequilla con cera, de xeito que simularan casiñas, montañas e ata unha ponte co arco da vella....


 Todo para amenizar a viaxe dun pequeno tren de madeira...

 E para gardar os trebellos, cosimos esta páctica bolsa ó estilo top manta!!




Que vos parece?




Chu Chuuuuuuuuuuuuuuuuuu***
 Plugin for WordPress, Blogger...