30/12/13

Proxecto galiñeiro II

Vai rematar o ano e eu sen publicar os avances do noso galiñeiro! Velaquí van unhas fotos...


 Enterramos bastante as vigas de madeira tratadas, (hai quen as envolve en tea de arpilleira para que duren máis...) e imos atornillando as táboas do teito. Logo cortamos os tramos de rede metálica a medida e clavámolas con puntas en U ás nosas travesas.


 Á vella caseta dos cans engadímoslle unha portiña feita a partir dunha contra de madeira, e recubrimos o interior con planchas de porexpán reutilizadas de embalaxes... non queremos que pasen frío as pitiñas!!

Fixemos o tellado cunhas planchas de conglomerado que tiñamos por ahí e recubrímolas con tégula americana (isto sí que o tivemos que comprar) para que soporte a choiva.

Unha man de pintura et voilá! aínda temos que solucionar algúns detalles pero estamos moi contentos co resultado! que vos parece?

Ah!! Feliz ano***

7/10/13

Turquía

Hai un par de semanas aterrabamos neste marabilloso país!



A Capadocia alucinounos cas súas paisaxes de conto.

E como traballan a lá!


Hierápolis e o castelo de algodón...



A biblioteca de Celso en Éfeso...



O que máis nos impresionou, Santa Sofía.



Metemos o dedo pero esquecemos pedir o desexo...


Que pasada de mosaicos e frescos no Kariye Müzesi.


Ummm canto chai*

Canta xente...


Canta mezquita...


Isto acábase!


Deica a vista Estambul!!









18/9/13

Cobertor con barreras para pañales de tela






Para facer este cobertor impermeable utilicei: pul, polar, velcro, cinta e bies elásticos. Fixen o patrón e cortei as teas, para obter as barreiras só precisades unir cunha liña recta as marcas para os elásticos das pernas.




Aseguramos os elásticos nas pezas de pul, tal como se ve nas fotos... e cosemos as barreiras ao corpo de tal xeito que coincidan os extremos cas marcas que fixemos para os elásticos.

Quedaría algo así...

Agora cosemos o velcro...



E comezamos ca parte interior. Eu reutilicei un polar súper suave dunha capucha que tiña!

Cosemos a cinta ao biés para ocultar o pespunte das barreiras coidando de tirar ben! Poñemos as teas dereito con dereito e pasamos un pespunte para despois voltear... sen esquecernos do elástico traseiro e logo volta a pespuntear todo para que quede máis lucido*


Yuhuu! listo para usar con insertables ou axustados***





29/8/13

Haciendo pañales de tela: operación cueiros*


Ata o de agora andiven inmersa na operación cueiros*, por mor dun cativiño que está a piques de vir!
Fixen unha morea deles, de tódolos tipos...que loucura!! Aquí vou amosar un dos primeiros moi sinxelo de facer e con materiais de andar por casa. Unha especie de axustado con insertable de quita e pon (necesitaría un cobertor impermeable, claro!).


O primeiro é facer o patrón. Podes utilizar como referencia algún que xa teñas de tea ou dos desbotables,  facelo tí mesm@, ou ben descargar algún dos que hai na rede, no blogue de Flordejara atópase unha boa recopilación deles, e uns tutoriais en castelán boísimos!
Logo hai que debuxar o  patrón sen esquecer as marcas para os elásticos e os broches (se os prefires ao velcro), na tea dobrada se empregas a mesma para o interior e o exterior (eu usei tea de sudadeira 100% algodón, e tea de camiseta para as estreliñas).


Cortamos os elásticos (aproximadamente á metade do percorrido debuxado), xuntamos as teas revés con revés, pasamos un pespunte nun extremo do elástico e dende él seguimos cosendo recto ata fixar o outro extremo, como se ve na foto, de maneira que quede un carril aberto que despois remataremos.

Despois de prender os elásticos das pernas e traseiro, pasamos directamente un zig-zag por todo o contorno do cueiro unindo así as dúas teas. Se tedes remalladora quedará moito máis profesional :)
Ah! eu finalmente decidinme polo velcro, mais se preferides broches, poñédeos antes de pasar o zig-zag de xeito que queden ocultos e non rocen ao cativo.


Agora pasamos a facer o insertable. 
Recortei tres capas de rizo algodón e logo unha tira longa da camiseta para dobrar e coser só polos bordes facendo unha bolsiña onde meter a toalla, antes de pechala puxen un broche. NOTA: é mellor pasar un pespunte unindo o rizo coa camiseta para que non se deforme no lavado!!
Os insertables ou absorbentes poden tamén integrarse no corpo do cueiro, pero desta forma acelérase o secado.

E así quedou...






En principio decanteitme polos tecidos naturais e se poden ser reciclados mellor: tea de camiseta e toallas vellas foron a miña elección, é posible que outros materiais absorban máis ou abulten menos, que si cáñamo, bambú, microfibra, zorb...mellor probar co que temos pola casa, máis ecolóxico imposible! Agora a ver como funcionan..  


 Plugin for WordPress, Blogger...