29/8/13

Haciendo pañales de tela: operación cueiros*


Ata o de agora andiven inmersa na operación cueiros*, por mor dun cativiño que está a piques de vir!
Fixen unha morea deles, de tódolos tipos...que loucura!! Aquí vou amosar un dos primeiros moi sinxelo de facer e con materiais de andar por casa. Unha especie de axustado con insertable de quita e pon (necesitaría un cobertor impermeable, claro!).


O primeiro é facer o patrón. Podes utilizar como referencia algún que xa teñas de tea ou dos desbotables,  facelo tí mesm@, ou ben descargar algún dos que hai na rede, no blogue de Flordejara atópase unha boa recopilación deles, e uns tutoriais en castelán boísimos!
Logo hai que debuxar o  patrón sen esquecer as marcas para os elásticos e os broches (se os prefires ao velcro), na tea dobrada se empregas a mesma para o interior e o exterior (eu usei tea de sudadeira 100% algodón, e tea de camiseta para as estreliñas).


Cortamos os elásticos (aproximadamente á metade do percorrido debuxado), xuntamos as teas revés con revés, pasamos un pespunte nun extremo do elástico e dende él seguimos cosendo recto ata fixar o outro extremo, como se ve na foto, de maneira que quede un carril aberto que despois remataremos.

Despois de prender os elásticos das pernas e traseiro, pasamos directamente un zig-zag por todo o contorno do cueiro unindo así as dúas teas. Se tedes remalladora quedará moito máis profesional :)
Ah! eu finalmente decidinme polo velcro, mais se preferides broches, poñédeos antes de pasar o zig-zag de xeito que queden ocultos e non rocen ao cativo.


Agora pasamos a facer o insertable. 
Recortei tres capas de rizo algodón e logo unha tira longa da camiseta para dobrar e coser só polos bordes facendo unha bolsiña onde meter a toalla, antes de pechala puxen un broche. NOTA: é mellor pasar un pespunte unindo o rizo coa camiseta para que non se deforme no lavado!!
Os insertables ou absorbentes poden tamén integrarse no corpo do cueiro, pero desta forma acelérase o secado.

E así quedou...






En principio decanteitme polos tecidos naturais e se poden ser reciclados mellor: tea de camiseta e toallas vellas foron a miña elección, é posible que outros materiais absorban máis ou abulten menos, que si cáñamo, bambú, microfibra, zorb...mellor probar co que temos pola casa, máis ecolóxico imposible! Agora a ver como funcionan..  


9/8/13

6 vidas

 O pequeno Resti tivo unha trifulca cun gato malo malísimo...


 O veterinario díxo que tiña unha vida menos...


 Cati anda algo preocupada...


Pero Resti xa está moito mellor, ca súa camiseta pasando do colar isabelino.
Luns quitaranlle parte dos puntos.


En canto te repoñas poderás ir durmir á maceta das barbas e as herbas de namorar que tanto che gusta!

Ou a tumbarte diante da casiña do anano con Catiusca, aínda que sexa cú con cú...
Aaai michiños....
 Plugin for WordPress, Blogger...