Ten gracia que a miña anterior entrada diga "uns días fóra", porque dende aquela ata hoxe xa pasaron meses...moitos! Sen enredar diremos que os motivos foron dende traballo a problemas no rural con internet, así como certa dose de preguiza para reanudar...non o vou negar.
Pero seguín facendo e aquí estamos para amosalo ;)Non me puiden resistir a facer algo de inspiración xapo...como non, con gatiños.
Unha carteiriña e un estoxo ou neceser que foron parar ás mans dunha rapaciña polo seu aniversario.
Probei a bordar o nome co zig zag da máquina, e aínda que pódese mellorar moitísimo, non me disgusta ese toque imperfecto que lle dá...
GrrrrrMiauu
Parabéns Clau!!!!!
creo que voy a probar el zig zag de mi máquina para bordar :) me gusta como queda!
ResponderEliminar