28/8/14

CaMiSeTa FáCiL

Pois sí, definitivamente creo que esta é a camiseta máis sinxela do mundo ;), non sei canto me levou facela...10 minutos como moito!
  
Non require patrón previo, trátase de cortar un rectángulo do ancho que se desexe e facerlle un buraco para o pescozo, fácil non?



Rematei as mangas e o pescozo a man, sen importarme que quedaran algúns fíos colgando...

e convertiuse na miña favorita...
Qué máis se cosería no RUMS?

14/8/14

Un pantalón

Este é o meu primeiro pantalón "serio" jeje, a tea paréceme un pouco formal pero era a que tiña. Fixen un patrón de corte clásico e púxenlle unhas pinzas decorativas que saen da cinturilla. Leva petos e cremalleira traseira.




Comeceino o ano pasado e por algún motivo dexeino aparcado nun recuncho do cuarto de costura...


Ós baixos dinlles unhas puntadas nas costuras laterais, pero creo que terei que facer un pespunte porque a tea é bastante fina.

Ummm.. xuraría que o planchara...


Pasade polo Rums a ver que fixeron as compañeiras!

7/8/14

Agulla , ganchillo e papel de lixa...

Fai anos que desmantelei o faiado da casa da miña avoa. A parte das batas de luto cas que confeccionei os meus primeiros modelitos, pouco puiden salvar, pero unha das cousas foi este vestido a raias da miña nai, que estaba perfecto agás que lle afrouxaran os elásticos. Nada, isto ten fácil amaño.


Simplemente cambieinos por outros facendo a canilla con fío elástico directamente na máquina, sen problema.

 Aproveito e amósovos unha bolsa de ganchillo que fixen hai tempo con fío de bramante e algo de algodón...

E de paso, tamén un proxecto no que ando estes días... amañando unha bici que atopamos no lixo! por fín teño bici!! ademáis está en moi bo estado, non lle teño nin que cambiar as rodas, de momento lixar un anaco...

Xa vedes... quién te ha visto y quién te ve! pois así de ben lucen os cromados despois de darlle co nanax principalmente, lá de aceiro e algo de lixa fina en zonas puntuais.

 Hala, xa podo ir ó mercado, pero non sen antes pasar polo RUMS, que ganas tiña :), saudiños*


5/8/14

Unha ruta de tres días

Tivemos tres días libres e quixemos facer unha mini viaxe...a onde? Pois a Portugal, cómo me gusta este país, estando tan preto... sempre é aposta segura.

Saímos de Santiago e fixemos a primeira parada en Celanova (Ourense) onde puidemos visitar o Mosteiro de San Salvador.



Continuando por estradas comarcais atopamos unha sinal que indicaba Aquis Querquennis! sen dubidalo alá fomos. Trátase dun campamento romano dos séculos I-II d.C.


Moi preto atópase Santa Comba de Bande, a única igrexa visigótica en Galicia, que ganas tiñamos de vela, é tan linda!



Xa estabamos preto da fronteira, e decidimos atravesala pola Serra do Xurés, entrando en Portugal pola Portela do Homen. É que boa elección, é un parque natural repleto de árbores autóctonas e outras traídas de fóra, pero con bo tino, espectaculares abetos e metasecuoyas, todo salpicado de pozas cristalinas nas que apetecía mergullarse...



De súpeto xa estabamos noutro país :), tras pasar por Rio Caldo collimos a nacional dirección Braga, nada máis chegar decateime de que deixara a miña mochila nun bar que pasaramos facía 20 Km, cómo se pode ser tan desastre! ó día seguinte teriamos que volver...

Confiaba en que a amable señora do bar gardárame as miñas pertenzas e así foi! Pois ben, desviámonos cara Povoa do Lanhoso para chegar á Briteiros, convencida de que alí había un castro moi importante e non me trabucaba...


Impresionante a pedra formosa que teñen no museo!

E aquí na Citania teñen outra in situ formando parte do antigo "balneario"...unha pasada de xacemento!
De aquí a Guimaraes, tamén nos gustou moito. Dende logo, os portugueses teñen un estilo tan caraterístico... encántame cómo conservan o seu pasado pero á vez son modernos un rato!

Logo do xantar morriamos de calor, así que decidimos ir en busca dun río e de seguido dimos co Parque de Roldes...alí pasamos un bo anaco ata que decidimos voltar a Braga para pasar a noite e ver ó día seguinte o museo arqueolóxico...



Voltamos por Monçao onde atopamos unha feira de antiguidades, e a altura de Ponteareas tocou de novo praia fluvial. Visitamos o castro de Troña e atravesamos o Coto da eira para chegar a Ponte Caldelas e seguir camiño á casa...


Moito nos cundiron os tres días, está claro que o que importa é o traxecto e non o destino...e por certo



 Plugin for WordPress, Blogger...