27/11/14

Patrón básico de falda

Hoxe un proxecto para principiantes...de feito foi o primeiro que tivemos que facer nas clases de costura de hai uns anos....patrón básico e costura de saia!

Traballando duramente... logo de facer o patrón; a cortar, modificar, ganduxar, coser todo, poñer a cremalleira e  entretear  as partes da cinturiña!!


Aquí engadindo a cirturiña, dándolle dúas costuras para que dobre cara adento e quede ben planiña...

Para rematar dobrei o sobrante da cinturiña pasando un pespunte por riba do da cremalleira, e por último unhas puntadas nas costuras e nas pinzas para que non se nos mova.

Minisaia floreada lista!! este xoves non me perdo o RUMS!*

20/11/14

Encomenda para Mateo

Hai uns meses fixéronme un encargo especial para un bebé que vai chegar...Mateo! 
Quen fixo a encomenda tiña moi claro o que quería...

Uns patucos tipo converse, son tan pequeniños que collen na man! fun facendo e desfacendo un patrón ata conseguir este resultado. Tamén quería un gorriño de coello que vira en internet que de casualidade era un patrón gratuito.


Unha toalla co seu nome, para a que usei novamente a tea de mouchos e curuxas. É dun tamaño algo maior que as típicas de bebés, para que lle sirva por máis tempo!

E como non...un amigurumi axóuxere para o peque, desta volta...una vaca!!! que así de simpática quedou...


Cantas cousas...e parece que os pais quedaron moi ledos! que ilusión!!!*


3/11/14

Funda de ganchillo para silla



É incríble como pasa o tempo... paréceme que foi onte cando fixen esta funda de ganchillo, é resulta que é do 2011! pero bueno, atopei as fotos, a cadeira sígoa usando... así que aquí queda documentada neste diario de labores virtual ;)

O patrón que usei foi o do clásico granny square, pero podedes usar calquera outro, aquí enriba vos deixo algunhas ideas.


Nada máis, levo a cadeira de volta  para o cuarto de baño que é onde máis xeito me dá, vale para pousar calquera cousa, darlle un toque de color e ese rollo marujil que mal que me pese non podo remediar!

Boa e chuviosa semana!!


 Plugin for WordPress, Blogger...