Saímos de Santiago e fixemos a primeira parada en Celanova (Ourense) onde puidemos visitar o Mosteiro de San Salvador.
Continuando por estradas comarcais atopamos unha sinal que indicaba Aquis Querquennis! sen dubidalo alá fomos. Trátase dun campamento romano dos séculos I-II d.C.
Moi preto atópase Santa Comba de Bande, a única igrexa visigótica en Galicia, que ganas tiñamos de vela, é tan linda!
Xa estabamos preto da fronteira, e decidimos atravesala pola Serra do Xurés, entrando en Portugal pola Portela do Homen. É que boa elección, é un parque natural repleto de árbores autóctonas e outras traídas de fóra, pero con bo tino, espectaculares abetos e metasecuoyas, todo salpicado de pozas cristalinas nas que apetecía mergullarse...
De súpeto xa estabamos noutro país :), tras pasar por Rio Caldo collimos a nacional dirección Braga, nada máis chegar decateime de que deixara a miña mochila nun bar que pasaramos facía 20 Km, cómo se pode ser tan desastre! ó día seguinte teriamos que volver...
Confiaba en que a amable señora do bar gardárame as miñas pertenzas e así foi! Pois ben, desviámonos cara Povoa do Lanhoso para chegar á Briteiros, convencida de que alí había un castro moi importante e non me trabucaba...
Impresionante a pedra formosa que teñen no museo!
E aquí na Citania teñen outra in situ formando parte do antigo "balneario"...unha pasada de xacemento!
De aquí a Guimaraes, tamén nos gustou moito. Dende logo, os portugueses teñen un estilo tan caraterístico... encántame cómo conservan o seu pasado pero á vez son modernos un rato!
Logo do xantar morriamos de calor, así que decidimos ir en busca dun río e de seguido dimos co Parque de Roldes...alí pasamos un bo anaco ata que decidimos voltar a Braga para pasar a noite e ver ó día seguinte o museo arqueolóxico...
Voltamos por Monçao onde atopamos unha feira de antiguidades, e a altura de Ponteareas tocou de novo praia fluvial. Visitamos o castro de Troña e atravesamos o Coto da eira para chegar a Ponte Caldelas e seguir camiño á casa...
Moito nos cundiron os tres días, está claro que o que importa é o traxecto e non o destino...e por certo
oh! Perdérame estás entradas! Como me soa esa primeira parte do roteiro que fixestes ;)
ResponderEliminarNon me digas..jeje, apenas coñecía Ourense provincia gustoume moito! iso sí...un caloooor
ResponderEliminar