21/7/14

Clafoutis

Na casa temos un libro de receitas internacionais que me encanta ollear, e de cando en vez anímome a facer algo. A semana pasada merquei unhas cereixas picotas, este ano a nosa cerdeira non dou ningunha... e lembreime unha receita francesa que vira hai algún tempo, o clafoutis.


 Pode que a miña receta non teña tan boa pinta coma a do libro, pero asegúrovos que estaba deliciosa, así que aquí a deixo:

500 g de cereixas negras ( eu usei picotas)
4 culleradas de fariña
8 culleradas de azucre
1 chisco de sal
3 ovos
2 tazas de leite
Azucre en pó
Para o molde: manteiga 

Lavar as cereixas e quitar os talos. Misturar a fariña co azucre e o sal. Separar dos ovos a xema e montar a punto de neve as claras. Misturar as xemas ca fariña e azucre e ir engadindo pouco a pouco o leite. Deixar repousar a masa tapada uns minutos. Prequecer o forno a 200 graos. Untar un molde refractario con manteiga e colocar nel as cereixas ( non fai falla quitarlle os ósos!). Misturar as claras a punto de neve ca anterior masa e vertela sobre as cereixas. Meter no forno na segunda bandexa de abaixo e quecer durante 45 minutos máis ou menos ( a min chegáronme 30 minutos poñendo o forno a quecer só por abaixo e nos últimos 10 minutos por arriba tamén). Espolvorear con azucre en pó  e listo! Pódese tomar quente ou frío.

Ñam ñam



No hay comentarios:

Publicar un comentario

 Plugin for WordPress, Blogger...