Por fin saiu o sol e puidemos pasear pola praia. Este inverno choveu tanto que ata caeu unha árbore, un castiñeiro que aínda maltreito segue con vida...poderemos comer castañas o próximo ano?
Dende cativa adoro os estalotes..estoupar as súas campaíñas era toda unha diversión.
Adoro tamén esta pequena planta de flores brancas que agora cubre todo o noso tellado.
*Grrr-Miau*
No hay comentarios:
Publicar un comentario