Atopei estas fotos do meu primeiro amigurumi. Fíxeno fai cando menos un ano, seguindo o patrón do "coello alien" adaptándoo ó meu gusto claro! Se queredes comezar neste mundo é un patrón sinxelo e doado de seguir que recomendo...pero coidado: o amigurumi engancha!
Pincha aquí se te animas*
Consello:
É importante dispoñer de agullas acordes ao tamaño do fío ou lá co que traballamos, eu neste momento só tiña unha agulla do nº 4 que dou como resultado un punto algo frouxo...(despois dun ano de xogos este coelliño está bastante mallado jeje), así que prestade atención as indicacións dos fíos que usedes para escoller a agulla axeitada*
No hay comentarios:
Publicar un comentario