Ultimamente non tiven moito tempo para colgar cousas por aquí, pero a miña nai estivo de cumpre e quixen facerlle un agasallo. Pensei que unha carteiriña de ganchillo estival sería boa idea...
Fun improvisando o patrón sobre a marcha e púxenlle un forriño de tea para que non perda nada cando a leve á praia...ten o tamaño xusto para gardar o móbil e os cartos.
Agora só falta que veñan días tan bos como os desta fin de semana!
Que teñades un bo luns!
Que bonito quedou! E cando sae así improvisando é cando mellor senta, verdade?
ResponderEliminar(por certo, non sei se sabes que tés posto o captcha ese das palabriñas, é bastante engorroso para poñer comentarios, e o filtro de spam vai bastante ben, por se queres probar a quitalo ;) )
Vaia...pois moitas gracias por decirmo! acabo de quitalo :)
ResponderEliminarSí hai que improvisar que tanto blog e tanto pinterest a veces creo que acaba ca creatividade jejej, de feito para esta carteira tiña unha imaxe na cabeza pero polo menos funa facendo ó meu xeito!
Q contenta vai quedar!!! É preciosa!!
ResponderEliminar