Aínda non sei moi ben que pensar deste experimento...tiña un retal de punto dunha tea antiga que sempre miraba pero non me decidía a coser. Finalmente acordei facer unha camisola sinxela, mais resultou ser un pouco sosa...como de avoa outra vez!
Así que nunha arroutada collín e fíxenlle un buraco na espalda, cun canaliño e goma por dentro pensando en que non abrira demasiado...
Aínda así non me convencía, e como me sobrara un anaco do retal engadinlle uns petos que fixen máis ou menos así:
O bo é que cosín por primeira vez un colo con tapeta e quedei contenta cos petos...pero foi un pouco unha tolemia!
Que vos parece?
Pasade a ver o que se cose no
Rums!!