12/7/13

Vestido con costadillos


Gústache a costura pero aínda non sabes facer os teus propios patróns? pois anímote a que comeces dende xa! non é tan difícil como parece. Copiar ou reproducir os patróns dos demais está moi ben para coller man ca máquina de coser, pero é moitísimo máis interesante e satisfactorio dar renda solta á imaxinación e deseñar as túas propias prendas! Eu estou encantada cos meus primeiros traballos, recoñezo que ata fai pouco era unha súper chapuzas neste tema, claro que tiven a sorte de contar cas leccións dunha das mellores patronistas, gracias Sofía!!


En primeiro lugar fixen un patrón de vestido básico de manga sisa (tampouco hai que complicarse :)) e logo vaise transformando integrando as pinzas nos costadillos, e engadindo unhas quillas no dianteiro da saia para darlle un pouco máis de voo.


Logo de recortar os patróns (engadindo as marxes de costura) dobramos a tea principal dereito con dereito e colocámolos con alfinetes: o dianteiro vai pegadiño ao borde porque é dunha peza e o traseiro non importa xa que son dúas pezas. Para os costadillos facemos o mesmo: tea dereito con dereito, situar os patróns e poñer alfinetes. Despois marcamos as siluetas con xiz sen esquecernos de marcar que pezas son as dianteiras (2 piquetes) e cales as traseiras (1 piquete). Quitamos alfinetes e recortamos polas marcas.

Pintamos as marxes de costura na tea (eu prefiro incluílas no patrón) para comezar a montar ou ganduxar e........taachaaan***xa parece que está listo!!

Pero non, aínda falta poñer a cremalleira...



os petos... ir pasando todo a máquina (subrilar todo con zigzag e logo pespunte normal polas costuras) 

e por último as vistas do colo e sisas...

Agora SÍ, rematado e FELIZ!!


2 comentarios:

 Plugin for WordPress, Blogger...