- 2 ovos
- 1 yogourt natural
- 1 vaso de azucre
- 2 vasos e medio de fariña de trigo
- 1 vaso de aceite de oliva
-1 sobre de levadura royal
- *Amorodos-fresas (150 gr aprox.)
ELABORACIÓN
Cortar en anacos os amorodos (ou a froita que se prefira) e enfariñalos para que non se vaian ao fondo, prequentar o forno a 180 graos e deixar preparados os envoltorios.
Separar as claras das xemas, bater a punto de neve as claras e reservar.
Bater as xemas co azucre ata conseguir unha crema á que engadimos o yogourt natural e o aceite, logo a fariña xa misturada ca levadura, por útimo agregamos as claras montadas e misturamos todo cunha culler de pao evitando que se baixen. Vertemos nos envoltorios, engadimos azucre (opcional) e levámolo ao forno durante uns 20-30 min.....
Gustoume moito, moitísimo....
ResponderEliminarParabens polo blog!
Obrigada!!!!!!!!!!pásate cando queiras***
Eliminar