Vai rematar o ano e eu sen publicar os avances do noso galiñeiro! Velaquí van unhas fotos...
Enterramos bastante as vigas de madeira tratadas, (hai quen as envolve en tea de arpilleira para que duren máis...) e imos atornillando as táboas do teito. Logo cortamos os tramos de rede metálica a medida e clavámolas con puntas en U ás nosas travesas.
Á vella caseta dos cans engadímoslle unha portiña feita a partir dunha contra de madeira, e recubrimos o interior con planchas de porexpán reutilizadas de embalaxes... non queremos que pasen frío as pitiñas!!
Fixemos o tellado cunhas planchas de conglomerado que tiñamos por ahí e recubrímolas con tégula americana (isto sí que o tivemos que comprar) para que soporte a choiva.
Unha man de pintura et voilá! aínda temos que solucionar algúns detalles pero estamos moi contentos co resultado! que vos parece?
Ah!! Feliz ano***
fantástico, non esperaba menos de dous artistazas, pero dende logo estou moi sorprendida, para ben. polo que vexo falta a escaleiriña para que suban as galiñas.
ResponderEliminarbicos.
Sí, aínda temos que facer a esqueiriña, poñer un tellado e unhas pedras por todo o perímetro...
EliminarAlégrome de que che guste!!!
Bicos*
As pedras arredor do perímetro son para que no fure ó raposo ? ou pra fixar á rede metálica ? (aínda que razoando, parece boa idea polos dous motivos, pero as pedras deberían ter un bo tamaño verdad?)
ResponderEliminarOla Concha! efectivamente o motivo principal é por mor do raposo, tamén para evitar que furen as propias galiñas. A rede metálica queda así máis fixa pois non quixemos usar cemento, pero bastaría con enterrala ben. Pero aínda hai outra vantaxe de facer unha zanxa perimetral con pedras: a drenaxe, e sí, as pedras deben ser algo grandes, nós tamén usamos da miúda para rechear ocos. En breves espero publicar a fotos do proxecto rematado con zanxa incluida...pásate por aquí!
ResponderEliminar