Levo unha racha que por un motivo ou por outro non paro nada no blog. Desta volta botei uns días entre Toledo e Madrid, moi ó meu pesar, pois xusto antes de ir a gatiña fracturou unha perna e non foi doado ficar tranquila....
Aínda así estivo ben, sobre todo cando coñecín ó torneiro Luis Velasco Vega e a súa Factoría. Encantoume pasar un anaco con él falando do mal que vai o negocio da artesanía en madeira :(
Está ben que se conserven os edificios, pero que pasa cos oficios?
Ummm... por cousas como esta (delicious sushi) cada vez gosto máis de Madrid.
Xa estamos de volta!!