Traballando duramente... logo de facer o patrón; a cortar, modificar, ganduxar, coser todo, poñer a cremalleira e entretear as partes da cinturiña!!
Aquí engadindo a cirturiña, dándolle dúas costuras para que dobre cara adento e quede ben planiña...
Para rematar dobrei o sobrante da cinturiña pasando un pespunte por riba do da cremalleira, e por último unhas puntadas nas costuras e nas pinzas para que non se nos mova.
Minisaia floreada lista!! este xoves non me perdo o RUMS!*