Un arrolo ou saquiño para que os pequenos síntanse ben arroupadiños nada máis nacer ;).
Realizado en tea exterior de algodón con detalle de flor en ganchillo e interior de teddy súper quentiño. Aquí está o patrón de descarga gratuita.
Uns zapatiños feitos coa tea de mouchos e curuxas que xa usei aquí e aquí, por dentro con tea polar. O patrón podédelo atopar aquí.
Un boneco agarimoso nunca pode faltar! para facer este inspireime noutro que tiña pineado nun dos taboleiros do meu pinterest...
Isto é todo amigos!!