Primeiro fixen o pantalón, dende que vin os de para mi peque con amor quedei namorada, os seus patróns non me coincidían en idade pero bastoume con facer unhas lixeiras modificacións a partires doutro que usa o cativo.
Logo, como me sobrara un anaco da tea de raias pensei na camiseta e arrisqueille ca manga ranglan, aproveitando unha camiseta que tiñamos pola casa...
Deixei a manga en tamaño tres cuartos máis ou menos e rematei todo con tea de puño.
Quedou curriño non si? estou desexando ver como lle quedan!!