Ola!
Isto é o que fixen...a transformación dunha batilla de avoa que atopei nun mercadillo.(recorte cutre) |
Lembrei unha curta que vin fai uns anos no Cineuropa...Bata por fóra (muller por dentro).
Cunha tea tan bonita...tiven que facer poucos amaños: quiteille uns centímetros ao ancho, fixen dúas pinzas dianteiras e entallei o traseiro cun fruncido sinxelo poñendo goma elástica na canilla...
Reducín as mangas e volvín a montalas... mais aínda teño que practicar!