Quería poñer outras fotos pero por problemas técnicos foi imposible... así que rescatei estas fotos dun peto de bebé, que xa son do ano pasado...
30/12/14
23/12/14
Guitarras de tela
As guitarras son réplicas dos seguintes modelos: Gibson Flying V, Fender Stratocaster e Gibson 335, pero podemos facer calquera outro que prefiras.
Quizás o teu estilo sexa o blues...
pode ser que o rockabilly...
ou é o swing?
Os dous primeiros modelos xa están vendidos pero podes facer a túa encomenda mandando un email a thetumbita@gmail.com, ou ben en Clef Music (Ferrol)
Medidas aproximadas 63 x 23 cm.
Materiais: algodón, fieltro e fibra de poliéster de recheo.
De venta na tenda física Clef Music (Rúa Manuel de Cal, Ferrol-A Coruña).
QUE PASEDES UN BO NADAL MOI ROCKEIRO!!
16/12/14
Labores del hogar
11/12/14
Cuello de lana en punto bobo
Canto tempo sen calcetar!! dende que aprendín a ganchillar deixeina bastante de lado... cústame coller as agullas e deixo todo sen rematar... pero desta volta non foi así. Todo porque ía visitar a unha boa amiga e non podía ir coas mans baleiras non?! velaquí o resultado:
Non tiña moito tempo para facelo así que simplemente montei os puntos que me pareceron axeitados para acadar o ancho que quería e tecín todo en punto bobo, cambiando de cando en vez as febras para facelo a raias...máis sinxelo imposible!
1/12/14
27/11/14
Patrón básico de falda
Traballando duramente... logo de facer o patrón; a cortar, modificar, ganduxar, coser todo, poñer a cremalleira e entretear as partes da cinturiña!!
Aquí engadindo a cirturiña, dándolle dúas costuras para que dobre cara adento e quede ben planiña...
Para rematar dobrei o sobrante da cinturiña pasando un pespunte por riba do da cremalleira, e por último unhas puntadas nas costuras e nas pinzas para que non se nos mova.
Minisaia floreada lista!! este xoves non me perdo o RUMS!*
20/11/14
Encomenda para Mateo
Hai uns meses fixéronme un encargo especial para un bebé que vai chegar...Mateo!
Quen fixo a encomenda tiña moi claro o que quería...
Uns patucos tipo converse, son tan pequeniños que collen na man! fun facendo e desfacendo un patrón ata conseguir este resultado. Tamén quería un gorriño de coello que vira en internet que de casualidade era un patrón gratuito.
Unha toalla co seu nome, para a que usei novamente a tea de mouchos e curuxas. É dun tamaño algo maior que as típicas de bebés, para que lle sirva por máis tempo!
E como non...un amigurumi axóuxere para o peque, desta volta...una vaca!!! que así de simpática quedou...
Cantas cousas...e parece que os pais quedaron moi ledos! que ilusión!!!*
3/11/14
Funda de ganchillo para silla
É incríble como pasa o tempo... paréceme que foi onte cando fixen esta funda de ganchillo, é resulta que é do 2011! pero bueno, atopei as fotos, a cadeira sígoa usando... así que aquí queda documentada neste diario de labores virtual ;)
Nada máis, levo a cadeira de volta para o cuarto de baño que é onde máis xeito me dá, vale para pousar calquera cousa, darlle un toque de color e ese rollo marujil que mal que me pese non podo remediar!
Boa e chuviosa semana!!
23/10/14
Regalos para bebés
Seguimos facendo agasallos especiais para os meniñ@s que veñen. Nesta ocasión tocoulle a Iria, chegamos xusto a tempo porque falta moi pouquiño para que a súa nai dea a luz!
Uns zapatiños feitos coa tea de mouchos e curuxas que xa usei aquí e aquí, por dentro con tea polar. O patrón podédelo atopar aquí.
Un arrolo ou saquiño para que os pequenos síntanse ben arroupadiños nada máis nacer ;).
Realizado en tea exterior de algodón con detalle de flor en ganchillo e interior de teddy súper quentiño. Aquí está o patrón de descarga gratuita.
Uns zapatiños feitos coa tea de mouchos e curuxas que xa usei aquí e aquí, por dentro con tea polar. O patrón podédelo atopar aquí.
Un boneco agarimoso nunca pode faltar! para facer este inspireime noutro que tiña pineado nun dos taboleiros do meu pinterest...
Isto é todo amigos!!
8/10/14
Bolsiños coloridos
3/9/14
Agasallo
Para o primeiro cumpreanos do meu sobriño cosín estas cousiñas...
Primeiro fixen o pantalón, dende que vin os de para mi peque con amor quedei namorada, os seus patróns non me coincidían en idade pero bastoume con facer unhas lixeiras modificacións a partires doutro que usa o cativo.
Logo, como me sobrara un anaco da tea de raias pensei na camiseta e arrisqueille ca manga ranglan, aproveitando unha camiseta que tiñamos pola casa...
Deixei a manga en tamaño tres cuartos máis ou menos e rematei todo con tea de puño.
Quedou curriño non si? estou desexando ver como lle quedan!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)