Mostrando entradas con la etiqueta viaxes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta viaxes. Mostrar todas las entradas

25/4/16

Caribe a Clo-Cló

^^***¿Qué es lo pasa en mi barrio?***^^
^^***^^
                       

18/11/15

OuToNo






Mazás, montañas, cogomelos, casas, carteis e lugares con nostalxia, texturas, cores... gústame o outono! 
e ti que estación prefires?

8/4/15

Uns días fóra

Levo unha racha que por un motivo ou por outro non paro nada no blog. Desta volta botei uns días entre Toledo e Madrid, moi ó meu pesar, pois xusto antes de ir a gatiña fracturou unha perna e non foi doado ficar tranquila....







Aínda así estivo ben, sobre todo cando coñecín ó torneiro Luis Velasco Vega e a súa Factoría. Encantoume pasar un anaco con él falando do mal que vai o negocio da artesanía en madeira :(

Está ben que se conserven os edificios, pero que pasa cos oficios?


Ummm... por cousas como esta (delicious sushi) cada vez gosto máis de Madrid.



Xa estamos de volta!!

16/3/15

De paseo


Fai moito que non publico nada pero xa sabedes que todo ten a súa explicación, e esta é ben sinxela...
non me vai a interneeeete!! que mal!! jajja menos mal que fixo bo tempo para saír de paseo polo pobo, perderme polas rúas e atopar sitios máxicos e segredos...

Definitivamente, Pontedeume mola!!

5/8/14

Unha ruta de tres días

Tivemos tres días libres e quixemos facer unha mini viaxe...a onde? Pois a Portugal, cómo me gusta este país, estando tan preto... sempre é aposta segura.

Saímos de Santiago e fixemos a primeira parada en Celanova (Ourense) onde puidemos visitar o Mosteiro de San Salvador.



Continuando por estradas comarcais atopamos unha sinal que indicaba Aquis Querquennis! sen dubidalo alá fomos. Trátase dun campamento romano dos séculos I-II d.C.


Moi preto atópase Santa Comba de Bande, a única igrexa visigótica en Galicia, que ganas tiñamos de vela, é tan linda!



Xa estabamos preto da fronteira, e decidimos atravesala pola Serra do Xurés, entrando en Portugal pola Portela do Homen. É que boa elección, é un parque natural repleto de árbores autóctonas e outras traídas de fóra, pero con bo tino, espectaculares abetos e metasecuoyas, todo salpicado de pozas cristalinas nas que apetecía mergullarse...



De súpeto xa estabamos noutro país :), tras pasar por Rio Caldo collimos a nacional dirección Braga, nada máis chegar decateime de que deixara a miña mochila nun bar que pasaramos facía 20 Km, cómo se pode ser tan desastre! ó día seguinte teriamos que volver...

Confiaba en que a amable señora do bar gardárame as miñas pertenzas e así foi! Pois ben, desviámonos cara Povoa do Lanhoso para chegar á Briteiros, convencida de que alí había un castro moi importante e non me trabucaba...


Impresionante a pedra formosa que teñen no museo!

E aquí na Citania teñen outra in situ formando parte do antigo "balneario"...unha pasada de xacemento!
De aquí a Guimaraes, tamén nos gustou moito. Dende logo, os portugueses teñen un estilo tan caraterístico... encántame cómo conservan o seu pasado pero á vez son modernos un rato!

Logo do xantar morriamos de calor, así que decidimos ir en busca dun río e de seguido dimos co Parque de Roldes...alí pasamos un bo anaco ata que decidimos voltar a Braga para pasar a noite e ver ó día seguinte o museo arqueolóxico...



Voltamos por Monçao onde atopamos unha feira de antiguidades, e a altura de Ponteareas tocou de novo praia fluvial. Visitamos o castro de Troña e atravesamos o Coto da eira para chegar a Ponte Caldelas e seguir camiño á casa...


Moito nos cundiron os tres días, está claro que o que importa é o traxecto e non o destino...e por certo



7/10/13

Turquía

Hai un par de semanas aterrabamos neste marabilloso país!



A Capadocia alucinounos cas súas paisaxes de conto.

E como traballan a lá!


Hierápolis e o castelo de algodón...



A biblioteca de Celso en Éfeso...



O que máis nos impresionou, Santa Sofía.



Metemos o dedo pero esquecemos pedir o desexo...


Que pasada de mosaicos e frescos no Kariye Müzesi.


Ummm canto chai*

Canta xente...


Canta mezquita...


Isto acábase!


Deica a vista Estambul!!









 Plugin for WordPress, Blogger...