Mostrando entradas con la etiqueta reciclar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta reciclar. Mostrar todas las entradas

9/6/16

Saia campestre con volante

Tiña un vestido de liño gris feito pola miña nai súuuper bonito pero claro, logo de tantos anos xa non me servía! Sería unha mágoa tiralo sen máis así que cortei a parte de arriba e cosín unha saia con outros retais que tiña na habita da costura...




 Non son moito de volantes pero deume por ahí...non deixa de ser un detalle costuril ou!




 Graciñas pola visita e non deixedes de pasar polo RUUUUMS!

12/5/16

Chaleco reciclado vintage*

Con esta xa van duas remodelacións dentro da colección de batas, nesta ocasión cortei unha pola metade para facer un chaleco...


 Está claro que teño debilidade con estas batillas, sobre todo cando teñen estampados tan chulos! non sei como aquel día non arramplei con todo o posto do mercadiño!




 Adaptei  a parte de arriba ás miñas medidas e puxen un frunce na espalda.


Aquí un detalle das modificacións: estreitar costados e mangas, rematar as vistas con bies, poñer presillas e botóns e coser a goma traseira.

WeeeEeee menudo posado jejjej
****
Que se coserá hoxe no RUMS?!

14/3/16

Restaurando...ando

Rescatando do olvido uns potes de ferro...


O seu estado inicial era este, logo de permanecer durante anos no fondo dunha escura e húmida bodega...


Houbo moito que lixar e limpar... vese a diferencia?
Dando os últimos retoques antes da protección final...

Agora quedan moi lindiñas como maceteiros!

Boa semana!!

8/1/16

Saco garda xoguetes estilo top manta!




Estivemos facendo algo así como xoguetes de madeira! recortamos as pezas dunha táboa de pino e logo pintámolas con acuarelas e barnizamos a muñequilla con cera, de xeito que simularan casiñas, montañas e ata unha ponte co arco da vella....


 Todo para amenizar a viaxe dun pequeno tren de madeira...

 E para gardar os trebellos, cosimos esta páctica bolsa ó estilo top manta!!




Que vos parece?




Chu Chuuuuuuuuuuuuuuuuuu***

29/12/15

Xabón con aceite reciclado!

 Por fin!! tiña un bote de sosa cáustica esperando para facer xabón pero nunca atopaba o momento...

 Seguín a receita que poñía na etiqueta para realizar pastillas:

0,5 kg de sosa, 3 litros de aceite (reciclado, do que se usa para cociñar simplemente colado) e 3 litros de auga. Procedemento: disolver a sosa en auga (con coidado de non salpicar porque é moi abrasiva) e misturar co aceite vigorosamente (estiven 3 horas!!). Cando xa estaba máis espeso, de cara ó final, boteille por enriba flores secas de lavanda. Deixamos endurecer nun sitio frío, ós 2 días cortamos e ós 2 meses xa estaba en condicións de ser usado.


Nos vos parece un estupendo agasallo de Nadal?!
***FeLiCeS FeStAs!!!!!*** 

17/4/14

Transformación dunha bata de avoa


Ola!
Isto é o que fixen...a transformación dunha batilla de avoa que atopei nun mercadillo.

  (recorte cutre)
 Lembrei unha curta que vin fai uns anos no Cineuropa...Bata por fóra (muller por dentro).




Cunha tea tan bonita...tiven que facer poucos amaños: quiteille uns centímetros ao ancho, fixen dúas pinzas dianteiras e entallei o traseiro cun fruncido sinxelo poñendo goma elástica na canilla...


Reducín as mangas e volvín a montalas... mais aínda teño que practicar!



Cunhas sandalias quedaría moi ben...pero a cabra tira ó  monte!



Pasade polo RUMS...está cheo de cousas bonitas! Gracias Mara pola ocurrencia!

30/12/13

Proxecto galiñeiro II

Vai rematar o ano e eu sen publicar os avances do noso galiñeiro! Velaquí van unhas fotos...


 Enterramos bastante as vigas de madeira tratadas, (hai quen as envolve en tea de arpilleira para que duren máis...) e imos atornillando as táboas do teito. Logo cortamos os tramos de rede metálica a medida e clavámolas con puntas en U ás nosas travesas.


 Á vella caseta dos cans engadímoslle unha portiña feita a partir dunha contra de madeira, e recubrimos o interior con planchas de porexpán reutilizadas de embalaxes... non queremos que pasen frío as pitiñas!!

Fixemos o tellado cunhas planchas de conglomerado que tiñamos por ahí e recubrímolas con tégula americana (isto sí que o tivemos que comprar) para que soporte a choiva.

Unha man de pintura et voilá! aínda temos que solucionar algúns detalles pero estamos moi contentos co resultado! que vos parece?

Ah!! Feliz ano***

22/4/13

Proxecto galiñeiro!



Reutilizamos unha vella caseta de madeira á que tan só lle cambiamos o tellado e barnizamos o interior.


Aquí preparando os listóns de madeira que precisaremos para facer a estrutura: barnizámolos cunha mistura de aceite queimado e gasoil, logo de aplicar unha man por tódalas caras envolvémolas en plástico para que penetre en profundidade, despois hai que destapar e deixar que sequen, repetindo a secuencia o que consideremos necesario (2 ou 3 mans serán suficientes). Finalmente aplicamos a derradeira man sen cubrir de xeito que seque rapidamente e pasamos aos seguintes ata rematar. Que nervios...como quedará??!!


10/3/13

Proxectos rápidos a ganchillo



















Pequenos proxectos para grandes momentos: reutiliza un bote de cristal tecendo un rosetón de ganchillo para compartir un café con quen máis queres!
 Plugin for WordPress, Blogger...