Mostrando entradas con la etiqueta calceta-tricot. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta calceta-tricot. Mostrar todas las entradas

6/11/16

Xersei en punto bobo e cambiador portátil!!

Por fin chegou o frío!! e nós por aquí seguimos, facendo cousiñas para recén nados, esta vez para Manuel!


Tecínlle este xersei en talla 3 meses cunha lá Stop "vintage" que fora da miña nai! resultou moi suave e quentiña!!

O patrón é dunha soa peza con dobre abotonadura no pescozo, saqueino da revista layette la droguerie, coma támen este outro.

Para rematar tamén lle cosín un cambiador de cueiros portátil cunha tea como de panilla fina por fóra, e de toalla de bambú máis lámina impermeable por dentro.

***A abrigarse!!feliz semana!!***




                                             


9/2/16

Rematando cousiñas...


 Pixama feito con tea de bambú e patrón de Purlsoho eliminando marxes de costura para reducilo un chisco.


Estoutro  tecido con  algodón e costura lateral con broches na entreperna e patrón adaptado a partir dun modelo de mostra.
_-- Fotos anteriores á costura--_
*Boa semana*

20/1/16

Pixama tecido

 Estou rematando este pixama de algodón para o segundo sobriño que nacerá dentro de moi pouco!



A verdade é que non imaxino nada mellor que unha prenda tecida para un recén nado, como se fose unha segunda pel!

 A cousa é que estiven a facer o patrón a partir doutro de talla 0-1 meses, pero polo que din o bebé vai ser pequeniño así que ó mellor non lle vale ata máis adiante... xa veremos.

Agora só falta coser... xa estou desexando ver como queda!
Grrrr*Miau*
Que teñades unha boa semana!!

16/2/15

Máis agasallos...

O primeiro deste ano foi para Alba, a filla dunha amiga que recentemente deu a luz por primeira vez e na casa! Noraboa familia!!


Para facer o pantalón baseeime de novo no patrón de paramipequeconamor pero algo máis pequeno, usando tea de forro polar e uns puños de distintas cores - anteriormente xa fixera este-.

Aquí o xersei que tecín. Co que lle gustan os gatos á nai non dubidei en tecer unha cara de micho cos seus bigotes...velaquí vos deixo o patrón en francés por se vos encanta tanto como a min ;)

 

E por último esta pequena rá...



Grrr miiiiiaaaaaaaaaaau


30/12/14

Peto de bebé

Rematamos un ano máis case sen decatarnos!
Quería poñer outras fotos pero por problemas técnicos foi imposible... así que rescatei estas fotos dun peto de bebé, que xa son do ano pasado...

Foi calcetado en punto liso e elástico improvisando un pouco sobre a marcha, ó final púxenlle unhas xeonlleiras de cor marrón oscuro que lle dan un toque diferente...

 A lá é gordiña  e amorosa, dou fe de que se usou moito durante todo o inverno.

Nada máis ata o ano que ven...a polo 2015!!!

11/12/14

Cuello de lana en punto bobo

Canto tempo sen calcetar!! dende que aprendín a ganchillar deixeina bastante de lado... cústame coller as agullas e deixo todo sen rematar... pero desta volta non foi así. Todo porque ía visitar a unha boa amiga e non podía ir coas mans baleiras non?! velaquí o resultado:












Non tiña moito tempo para facelo así que simplemente montei os puntos que me pareceron axeitados para acadar o ancho que quería e tecín todo en punto bobo, cambiando de cando en vez as febras para facelo a raias...máis sinxelo imposible!


 Plugin for WordPress, Blogger...