Hai uns meses fixéronme un encargo especial para un bebé que vai chegar...Mateo!
Quen fixo a encomenda tiña moi claro o que quería...
Uns patucos tipo converse, son tan pequeniños que collen na man! fun facendo e desfacendo un patrón ata conseguir este resultado. Tamén quería un gorriño de coello que vira en internet que de casualidade era un
patrón gratuito.
Unha toalla co seu nome, para a que usei novamente a tea de mouchos e curuxas. É dun tamaño algo maior que as típicas de bebés, para que lle sirva por máis tempo!
E como non...un amigurumi axóuxere para o peque, desta volta...una vaca!!! que así de simpática quedou...
Cantas cousas...e parece que os pais quedaron moi ledos! que ilusión!!!*