Mostrando entradas con la etiqueta patróns. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta patróns. Mostrar todas las entradas

6/11/16

Xersei en punto bobo e cambiador portátil!!

Por fin chegou o frío!! e nós por aquí seguimos, facendo cousiñas para recén nados, esta vez para Manuel!


Tecínlle este xersei en talla 3 meses cunha lá Stop "vintage" que fora da miña nai! resultou moi suave e quentiña!!

O patrón é dunha soa peza con dobre abotonadura no pescozo, saqueino da revista layette la droguerie, coma támen este outro.

Para rematar tamén lle cosín un cambiador de cueiros portátil cunha tea como de panilla fina por fóra, e de toalla de bambú máis lámina impermeable por dentro.

***A abrigarse!!feliz semana!!***




                                             


9/2/16

Rematando cousiñas...


 Pixama feito con tea de bambú e patrón de Purlsoho eliminando marxes de costura para reducilo un chisco.


Estoutro  tecido con  algodón e costura lateral con broches na entreperna e patrón adaptado a partir dun modelo de mostra.
_-- Fotos anteriores á costura--_
*Boa semana*

16/2/15

Máis agasallos...

O primeiro deste ano foi para Alba, a filla dunha amiga que recentemente deu a luz por primeira vez e na casa! Noraboa familia!!


Para facer o pantalón baseeime de novo no patrón de paramipequeconamor pero algo máis pequeno, usando tea de forro polar e uns puños de distintas cores - anteriormente xa fixera este-.

Aquí o xersei que tecín. Co que lle gustan os gatos á nai non dubidei en tecer unha cara de micho cos seus bigotes...velaquí vos deixo o patrón en francés por se vos encanta tanto como a min ;)

 

E por último esta pequena rá...



Grrr miiiiiaaaaaaaaaaau


20/11/14

Encomenda para Mateo

Hai uns meses fixéronme un encargo especial para un bebé que vai chegar...Mateo! 
Quen fixo a encomenda tiña moi claro o que quería...

Uns patucos tipo converse, son tan pequeniños que collen na man! fun facendo e desfacendo un patrón ata conseguir este resultado. Tamén quería un gorriño de coello que vira en internet que de casualidade era un patrón gratuito.


Unha toalla co seu nome, para a que usei novamente a tea de mouchos e curuxas. É dun tamaño algo maior que as típicas de bebés, para que lle sirva por máis tempo!

E como non...un amigurumi axóuxere para o peque, desta volta...una vaca!!! que así de simpática quedou...


Cantas cousas...e parece que os pais quedaron moi ledos! que ilusión!!!*


3/11/14

Funda de ganchillo para silla



É incríble como pasa o tempo... paréceme que foi onte cando fixen esta funda de ganchillo, é resulta que é do 2011! pero bueno, atopei as fotos, a cadeira sígoa usando... así que aquí queda documentada neste diario de labores virtual ;)

O patrón que usei foi o do clásico granny square, pero podedes usar calquera outro, aquí enriba vos deixo algunhas ideas.


Nada máis, levo a cadeira de volta  para o cuarto de baño que é onde máis xeito me dá, vale para pousar calquera cousa, darlle un toque de color e ese rollo marujil que mal que me pese non podo remediar!

Boa e chuviosa semana!!


23/10/14

Regalos para bebés

Seguimos facendo agasallos especiais para os meniñ@s que veñen. Nesta ocasión tocoulle a Iria, chegamos xusto a tempo porque falta moi pouquiño para que a súa nai dea a luz!


Un arrolo ou saquiño para que os pequenos  síntanse ben arroupadiños nada máis nacer ;).
Realizado en tea exterior de algodón con detalle de flor en ganchillo e interior de teddy súper quentiño. Aquí está o patrón de descarga gratuita.


Uns zapatiños feitos coa tea de  mouchos e curuxas que xa usei aquí e aquí, por dentro con tea polar. O patrón podédelo atopar aquí.

Un boneco agarimoso nunca pode faltar! para facer este inspireime noutro que tiña pineado nun dos taboleiros do meu pinterest...

 Isto é todo amigos!!

15/7/14

Bolso de red a ganchillo


Siiii! por fin chegou o verán! aproveitei para sacar de paseo este bolso de rede que fixen o ano pasado...










Perfecto para facer a compra ou levar uns libros á praia....

Tamén estiven tecendo un cinturón a ganchillo que, se me lembro, xa vos ensinarei, e de paso déixovos o patrón que seguín dunha revista xapo... que nunca está de máis :)

Queda un tecido moi resistente que tamén podería valer para facer un bolso, por exemplo... así que aquí vai


31/5/13

Amigurumi: mon premier petit ami*


Atopei estas fotos do  meu primeiro amigurumi. Fíxeno fai cando menos un ano, seguindo o patrón do "coello alien" adaptándoo ó meu gusto claro! Se queredes comezar neste mundo é un patrón sinxelo e doado de seguir que recomendo...pero coidado: o amigurumi engancha!
Pincha aquí se te animas*

Consello:
É importante dispoñer de agullas acordes ao tamaño do fío ou lá co que traballamos, eu neste momento só tiña unha agulla do nº 4 que dou como resultado un punto algo frouxo...(despois dun ano de xogos este coelliño está bastante mallado jeje), así que prestade atención as indicacións dos fíos que usedes para escoller a agulla axeitada*

7/5/13

Calcetines a ganchillo





















Aquí están!! os meus primeiros peúgos a ganchillo en dúas versións con máis ou menos calados. Como non tiña máis que un nobelo dun suavísimo algodón, finalmente quedaron con máis buraquiños, perfectos para a primavera-verán ou con medias por baixo para calquera estación do ano.
Desta volta non escribín o patrón, pero como vedes comézase traballando en círculo con puntos altos e logo seguindo o patrón que queiramos, eu escollín un moi sinxelo que podedes ver aquí:














Et voilà... estreados quedan!!


18/4/13

Punto de rede con cunchiñas







Esta pañoleta de ganchillo fíxena xa o verán pasado aproveitando uns nobelos que tiña esquencidos e quería rematar, de ahí as combinacións e cambios de cor...nota: comezar un chal ou calquera cousa triangular pola parte máis estreita e ir aumentando! (parece lóxico pero eu fun ó revés, comecei pola parte máis ancha e logo tiven que ir diminuindo o cal é bastante máis complicado...) enfín, por se hai algún despistado coma min..aquí deixo o patrón que saquei dun libro de puntos xaponés

 Plugin for WordPress, Blogger...