Mostrando entradas con la etiqueta receitas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta receitas. Mostrar todas las entradas

29/12/15

Xabón con aceite reciclado!

 Por fin!! tiña un bote de sosa cáustica esperando para facer xabón pero nunca atopaba o momento...

 Seguín a receita que poñía na etiqueta para realizar pastillas:

0,5 kg de sosa, 3 litros de aceite (reciclado, do que se usa para cociñar simplemente colado) e 3 litros de auga. Procedemento: disolver a sosa en auga (con coidado de non salpicar porque é moi abrasiva) e misturar co aceite vigorosamente (estiven 3 horas!!). Cando xa estaba máis espeso, de cara ó final, boteille por enriba flores secas de lavanda. Deixamos endurecer nun sitio frío, ós 2 días cortamos e ós 2 meses xa estaba en condicións de ser usado.


Nos vos parece un estupendo agasallo de Nadal?!
***FeLiCeS FeStAs!!!!!*** 

21/7/14

Clafoutis

Na casa temos un libro de receitas internacionais que me encanta ollear, e de cando en vez anímome a facer algo. A semana pasada merquei unhas cereixas picotas, este ano a nosa cerdeira non dou ningunha... e lembreime unha receita francesa que vira hai algún tempo, o clafoutis.


 Pode que a miña receta non teña tan boa pinta coma a do libro, pero asegúrovos que estaba deliciosa, así que aquí a deixo:

500 g de cereixas negras ( eu usei picotas)
4 culleradas de fariña
8 culleradas de azucre
1 chisco de sal
3 ovos
2 tazas de leite
Azucre en pó
Para o molde: manteiga 

Lavar as cereixas e quitar os talos. Misturar a fariña co azucre e o sal. Separar dos ovos a xema e montar a punto de neve as claras. Misturar as xemas ca fariña e azucre e ir engadindo pouco a pouco o leite. Deixar repousar a masa tapada uns minutos. Prequecer o forno a 200 graos. Untar un molde refractario con manteiga e colocar nel as cereixas ( non fai falla quitarlle os ósos!). Misturar as claras a punto de neve ca anterior masa e vertela sobre as cereixas. Meter no forno na segunda bandexa de abaixo e quecer durante 45 minutos máis ou menos ( a min chegáronme 30 minutos poñendo o forno a quecer só por abaixo e nos últimos 10 minutos por arriba tamén). Espolvorear con azucre en pó  e listo! Pódese tomar quente ou frío.

Ñam ñam



17/6/13

Biscoito de iogur e nísperos

Non adoito comer moita froita a non ser en zumes, marmeladas ou batidos así que de cando en vez teño que engadila nalgunha receita pois dame mágoa deixala estragar ou que a coman toda os corvos que son os seus fans número un. Agora mesmo hai bastantes nísperos así que ocurríuseme facer un biscoito e unhas madalenas con eles, aproveitando tamén uns iogures que tiña a piques de caducar.





Precisamos:

- 2 ovos
- 2 iogures naturais
- 2 medidas (vaso iogur) de azucre
- 3 medidas de fariña de trigo
- 1 medida de aceite de oliva
- 1 sobre de levadura royal
- 1 pouco de manteiga para untar o molde
- 5 nísperos

ELABORACIÓN
Quecer o forno a 180 graos e untar a manteiga no fondo do molde.
Pelar os nísperos, cortalos en anacos e reservar.
Bater os ovos xunto cos iogures e incorporar a froita, bater ca batidora ata 
formar unha crema (tamén se poden deixar os anacos máis grandes,
neste caso incorporalos ao final de todo e enfariñados para que non baixen).
Incorporar o azucre, logo o aceite e seguir batendo.
Finalmente engádese a fariña mesturada coa levadura.
     Verter no molde e introducir no forno durante uns 20-30 min.

Boísimo, xa demos boa conta del!!
mmmmmmm ñam ñam*






5/4/13

Madalenas de amorodos*



Precisamos:
- 2 ovos
- 1 yogourt natural
- 1 vaso de azucre
- 2 vasos e medio de fariña de trigo
- 1 vaso de aceite de oliva
-1 sobre de levadura royal
- *Amorodos-fresas (150 gr aprox.)

ELABORACIÓN
Cortar en anacos os amorodos (ou a froita que se prefira) e enfariñalos para que non se vaian ao fondo, prequentar o forno a 180 graos e deixar preparados os envoltorios.
Separar as claras das xemas, bater a punto de neve as claras e reservar.
Bater as xemas co azucre ata conseguir unha crema  á que engadimos o yogourt natural e o aceite, logo a fariña xa misturada ca levadura, por útimo agregamos as claras montadas e misturamos todo cunha culler de pao evitando que se baixen. Vertemos nos envoltorios, engadimos azucre (opcional) e levámolo ao forno durante uns 20-30 min.....

Resultado: madalenas súper esponxosas e cun toque ácido da froita que resulta delicioso!!




 Plugin for WordPress, Blogger...